5º Congreso da Red Española de Mulleres no Sector Pesqueiro

Posted by

Hoxe remata o 5º congreso da Red Española de Mulleres no Sector Pesqueiro celebrado na Cidade das Artes e das Ciencias de Valencia, no cal participa o GALP Ría de Pontevedra.

O congreso foi inagurado onte pola Ministra de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, quen destacou o creciente liderazgo das mulleres no sector pesqueiro e o compromiso do goberno para impulsar todas aquelas medidas que convirtan a igualdade legal entre mulleres e hombes en igualdade real.

Durante os dous días de duración do congreso, o GALP escoitou o valioso testimonio de xóvenes mulleres da pesca, representantes do relevo xeneracional na pesca e do emponderamento feminino no sector, as cales se lles fixo a entrega do reconocimiento “Jóvenes mujeres de la pesca” por parte de Isabel García Tejerina e a Consellera de Agricultura, Medio Ambiente, Cambio Climático e Desenvolvemento Rural da Generalitat Valenciana, Elena Cebrián Calvo.

Na última xornada do congreso tamén houbo espazo para falar da seguridade social no sector pesqueiro, do cal se encargou o Director Provincial do Instituto Social da Mariña en Valencia, Ignacio Valls, e o Subdirectos Xeral de Pesca da Generalitat Valenciana, Francisco Beltrán.

Tras o remate do congreso a delegación do GALP Ría de Pontevedra comeza a súa viaxe de estudo visitando proxectos e iniciativas do sector pesqueiro en materia de turismo mariñeiro financiados coas axudas do Grupo de Acción Local de Pesca e Acuicultura da Rexión de Murcia (GALPEMUR) e do GALP Gandía – Albufera.

Comparte isto