A Rede Española de Grupos de Pesca (REGP) recolle no seu quinto Catálogo

Neste catálogo amósanse iniciativas concretas que se desenvolveron ao longo do territorio nacional, dando conta do traballo levado a cabo para abordar as diferentes problemáticas ás que se enfrontan os ecosistemas costeiros e o sector pesqueiro, apostando pola innovación na procura de solucións que permitan o fortalecemento do sector e a conservación dos recursos.

Relativas ao noso territorio, no catálogo destacan as seguintes iniciativas:

  • O proxecto “Portos Sostibles” promovido polo Club Náutico de Portonovo, na procura dunha mellora na súa xestión dos residuos e na sensibilización e concienciación dos seus usuarios.
  • O proxecto de cooperación, “Achegamento o sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola aos centros de ensinanza para o relevo xeracional, Relevo Xeracional II”, promovido por cinco GALPs galegos, entre eles o GALP Ría de Pontevedra, sendo o GALP Ría de Arousa o que lidera o proxecto.
  • O proxecto “Descartes, caracterización e posibles usos” promovido polo GALP Litoral Poniente Almeriense, baseado no proxecto “Descarpesc: caracterización de descartes na pesca artesanal da flota de Bueu” promovido pola Confraría de Pescadores de Bueu e que supuxo o punto de partida para unha colaboración na procura de realizar un estudio de caracterización dos descartes no Poniente Almeriense, que permita un maior coñecemento da súa situación actual e establecer propostas de mellora para a xestión dos recursos.

Animámosvos a botarlle unha ollada, sendo un documento de interese para todas aquelas persoas implicadas no desenvolvemento da nosa zona costeira, en tanto que algunhas das actuacións descritas poderían ser aplicables no noso territorio. En todo caso, os bos exemplos amosados sempre son unha fonte de inspiración.

O documento en formato pdf pode ser descargado no seguinte enlace: https://regp.pesca.mapama.es/sites/default/files/publicaciones/catalogo_de_BPRACTICA_2022_web.pdf