Achegamento do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola aos centros de ensino para o relevo xeracional

Posted by

Os Galp Ría de Pontevedra, Galp Ría de Vigo – A Guarda, Galp Ría de Arousa, Galp Golfo Ártabro Sur, Galp Golfo Ártabro Norte e GALP A Mariña Ortegal promoven un proxecto de carácter formativo e divulgativo co que pretenden trasladar ao alumnado de centros de ensino de secundaria, as posibilidades que ofrece o sector na nosa comunidade.

Entre os seus obxectivos atópanse:

  • Poñer en valor o sector pesqueiro entre a comunidade escolar en idade de traballar e/ou de escoller estudos superiores.
  • Valorizar o sector pesqueiro en termos económicos, dando a coñecer a demanda real existente para diferentes postos de traballo no mar e dando a coñecer as saídas profesionais existentes no mesmo.
  • Ofrecer unha formación máis cuantitativa, que pretende achegar a realidade do sector pesqueiro en termos de oportunidades laborais, a fin de captar persoas que conformen ese relevo xeracional.

O programa divídese en tres bloques principais de contidos que conforman o programa do proxecto:
a) PESCA E ACUICULTURA
b) TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN
c) TURISMO

Dentro de cada un destes bloques haberá unha serie de contidos que se abordarán de xeito ameno e dinámico nas aulas, ben a través de sesión de formación e divulgación ou ben mediante a visita de diferentes persoas profesionais do sector.

O EQUIPO DOCENTE
O proxecto conta cun equipo de docentes, profesionais do eido da oceanografía e con ampla experiencia na realización de actividades e proxectos de formación e divulgación científica sobre o medio mariño e o sector pesqueiro, destinados a centros educativos.

Ademais contarase na súa execución con profesionais do sector pesqueiro e con entidades de relevancia dentro do mesmo e no sector da formación que aportarán a súa experiencia e profesionalidade ao proxecto e en beneficio do alumnado participante.

PARA MÁIS INFORMACIÓN
Pódese acceder á web do proxecto relevo2.org ou contactar directamente coa oficina do GALP. O proxecto desenvolverase nas anualidades 2021 e 2022.

Comparte isto