Acordo da Xunta Directiva para darlle continuidade ao procedemento de aprobación de proxectos da Convocatoria 2021-08

Na data do 3 de decembro recibiuse a DEVOLUCIÓN DA PROPOSTA DE RESOLUCIÓN DE CONCESIÓN DE AXUDAS DE 24 DE NOVEMBRO DE 2021 REALIZADA POLO GRUPO DE ACCIÓN LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO RÍA DE PONTEVEDRA AO ABEIRO DA ORDE DE 3 DE AGOSTO DE 2021 por parte da Consellería do Mar.

Reunida a Xunta Directiva e logo da adopción de acordos en relación aos aspectos sinalados pola Xefa de Servizo de Desenvolvemento das zonas de Pesca, acordouse a publicación dos mesmos así como dar un prazo de cinco días para a presentación de posibles alegacións por parte dos interesados.

Estes acordos gardan relación coas propostas de aprobación de proxectos provisional e definitiva relativos á Convocatoria de axudas ao abeiro da Orde do 3 de agosto de 2021 e os acordos adoptados pola Xunta Directiva de 24 de novembro en resposta á 1ª devolución da proposta de resolución de concesión de axudas, todos eles dispoñibles na web galp.xunta.gal