En virtude do acordo da Xunta Directiva do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Pontevedra, do día 18 de xullo de 2017, decidiuse continuar o proceso de selección de persoal, de cara ao Programa FEMP 2014/2020, acordando a Comisión de Selección encargada do proceso a publicación das bases que rexerán dita convocatoria. Este proceso fai referencia á selección dunha persoa para cubrir o posto de administrativo/a.
As bases do proceso de selección están a disposición de todas as persoas interesadas na sede do GALP en Departamento de Exportadores, 14. Lonxa do Porto de Marín –Pontevedra (luns a venres de 9 a 14 horas), podéndose tamén descargar na páxina web dos GALP https://galp.xunta.gal/
O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte á data de publicación do anuncio, nun diario de maior tirada da zona que comprende o GALP, tal e como establecen as bases de contratación.
A Comisión de Contratación
Publicado o 26 de xullo de 2017 no Diario de Pontevedra