‘Bitácoras do Mar’ coñece o que se move no teu territorio

Posted by
  • Coordinado polo GALP Golfo Ártabro Norte, este proxecto de cooperación busca visibilizar o papel dos grupos de acción local do sector pesqueiro
  • Participamos os territorios do Golfo Ártabro Norte e Golfo Ártabro Sur, Costa Sostible, Ría de Arousa e Ría de Pontevedra

O proxecto Bitácoras do Mar, permitirá coñecer os logros acadados polos GALP  na aplicación das Estratexias Desenvolvemento Local Participativo, e a súa contribución ao desenvolvemento das zonas costeiras e á promoción de iniciativas ligadas ao crecemento azul.

A fase inicial de Bitácoras do Mar céntrase na posta en valor daqueles proxectos significativos e que son considerados “boas prácticas” e referentes de iniciativas nos territorios costeiros. Para iso, lanzamos o concurso no que o público pode participar na elección da iniciativa que considera máis destacable.

Bitácoras permitirá coñecer con detalle os proxectos, pero tamén ás persoas e entidades que os puxeron en marcha e poderemos afondar nas características ou criterios que fan que as iniciativas elixidas destaquen pola súa singularidade e valor diferencial en relación aos obxectivos da economía azul.

Podes participar do concurso premendo nos seguintes enlaces:

Comparte isto