Candieira presenta a “Guía de coidados da saúde para o benestar das mariscadoras” da man das mariscadoras da Ría de Pontevedra

Posted by

Tras meses de traballo centrado na saúde e calidade de vida das mariscadores, dentro do programa “Aliadas” do proxecto de cooperación “Candieira: rede de apoio e promoción das mulleres do mar“, as mariscadoras da Ría de Pontevedra identificaron as doenzas máis frecuentes entre quen se dedica ao sector pesqueiro extractivo, analizaron as causas e determinaron as atencións necesarias para poder adotar mecanismos de prevención.

Todo este traballo reflíctese no deseño dun cartel que recolle recomendacións en cuestións de alimentación, protección da pel e seguridade física, así como unha táboa de exercicios para estirar e previr lesións en brazos, pernas, pescozo, tronco e lumbares.

Para dar a coñecer o seu traballo dentro do programa Aliadas, as mariscadoras da Ría de Pontevedra realizarán a presentación do seu cartel informativo o próximo martes 4 de setembro ás 12:30 na Reiboa, Poio.

Invitación presentación das mariscadoras da Ría de Pontevedra

 

Comparte isto