Contratación: Asistencia Técnica para asesoramento a promotores na convocatoria extraordinaria de axudas de 2022

Posted by

O GALP Ría de Pontevedra foi recoñecido como entidade colaboradora pola Consellería do Mar para o desenvolvemento sostible das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014 – 2020 e ten coma obxectivo o esgotamento do orzamento destinado a proxectos.

No convenio asinado coa Consellería do Mar – e a súa addenda de decembro de 2020-, en virtude do que, o Grupo deberá contribuír á dinamización da presentación de proxectos ás convocatorias anuais de axudas.

Por este motivo, o Grupo solicita a súa mellor oferta para a prestación dunha Asistencia Técnica para o asesoramento a promotores na recta final do prazo de presentación de solicitudes de axuda do ano 2022 co obxecto de prestar apoio a promotores para a presentación de proxectos candidatos a presentarse a convocatoria de 2022.

Obxecto da Asistencia Técnica

Será obxecto da asistencia técnica, conforme se especifica máis adiante, a atención aos promotores que soliciten apoio para a formulación dos seus proxectos especialmente no deseño concreto e viable dos proxectos individuais ou colaborativos dos promotores.

Xúntase:

Para calquera información adicional, non dubiden en poñerse en contacto co GALP Ría de Pontevedra chamando ao 698 180 887 ou enviándonos un correo ao enderezo electrónico gacpontevedra@gmail.com

Comparte isto