Contratación: Asistencia Técnica para elaboración de informe final 2021

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Pontevedra foi recoñecido como entidade colaboradora coa Consellería do Mar para o desenvolvemento sostible das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014 – 2020.

A actuación do Grupo debe contribuir ao desenvolvemento da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo para o territorio. Co obxecto de comprobar este obxectivo, o GALP debe elaborar un informe anual de actividades que recolla o labor do GALP no desenvolvemento sostible do seu territorio. Ademais, a partir deste informe, o GALP elaborará un resumo informativo para repartir entre socios e persoas interesadas cos fitos salientables e proxectos desenvolvidos ao longo do ano 2021.

O GALP, en tanto que entidade que xestiona fondos públicos – cofinanciados pola Unión Europea – debe realizar os procedementos de contratación con suxeición a procedementos que sigan os principios que inspiran a lexislación vixente sobre contratación pública e se axusten aos Regulamentos Comunitarios de aplicación e ás orientacións da Comisión europea en relación co bo uso dos Fondos e a prevención do fraude.

Ademais, no relativo á contratación, a cláusula setima do Convenio de Colaboración establece as regras e principios xerais que rexerán en materia de contratación que é desenvolvido por diferentes instruccións ditadas con posterioridade. No intre actual está en vigor a Instrución no 11 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro sobre os procedementos de contratación dos GALPs.

Por este motivo o Grupo solicita a súa mellor oferta para a realización dunha Asistencia Técnica que ten coma obxectivo a realización do informe anual 2021 das actividades do GALP Ría de Pontevedra así coma un resumo divulgativo do mesmo e, en concreto, os que se detallan no apartado Obxecto da Asistencia Técnica.

Xúntase:

Para calquera información adicional, non dubiden en poñerse en contacto co GALP Ría de Pontevedra chamando ao 698 180 887 ou enviándonos un correo ao enderezo electrónico gacpontevedra@gmail.com