Contratación: Asistencia técnica para a elaboración dos informes de auditoría tanto para gastos de funcionamento e animación como para proxectos financiados ao abeiro da EDLP do GALP Ría de Pontevedra

Posted by

O Grupo de Acción Local do Sector pesqueiro da Ría de Pontevedra foi recoñecido como  entidade colaboradora coa Consellería do Mar para o desenvolvemento sostible das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014 – 2020 no ano 2016.

O Grupo asinou un convenio coa Consellería do Mar (Anexo 1) en virtude do que, o Grupo segundo a cláusula vixésima, deberá remitir un informe trimestral coa xustificación dos gastos subvencionables acompañado dun informe de auditoría que haberá de ser elaborado por un auditor externo, inscrito no ROAC.

Ademais, as xustificacións dos proxectos subvencionados ao abeiro da EDLP aprobada deberán ir acompañados tamén por un informe de auditoría. Estas auditorías haberán de axustarse á instrucción remitida pola Consellería do Mar para os informes de auditoría.

Por este motivo, o Grupo solicita a súa mellor oferta pra a asistencia técnica para a elaboración dos informes de auditoría tanto para gastos de funcionamento como para proxectos. Na oferta deberá vir especificado o orzamento para cada un de estes conceptos de forma separada pudendo contratarse de forma independente e debendo establecerse unha fórmula de cálculo para o importe de auditoría dos proxectos en función do orzamento finalmente aprobado pola Consellería do Mar para proxectos ao abeiro da EDLP do GALP Ría de Pontevedra na presente anualidade. Igualmente deberá procederse cos gastos de funcionamento na previsión de que estes non se xustificasen na súa totalidade.

Máis información

Comparte isto