Contratación: Asistencia técnica para apoio administrativo e técnico na xestión de expedientes de solicitude de axuda de xaneiro de 2022

Posted by

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Pontevedra ten asinado un convenio coa Consellería do Mar para a xestión das axudas do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca ao abeiro da Estratexia de Desenvolvemento Local participativo que implican, para o Grupo, a xestión de expedientes de solicitude de axuda. A publicación dunha nova convocatoria de axudas no mes de xaneiro, que non estaba prevista inicialmente, motiva esta contratación.

A Xunta Directiva do GALP acordou a contratación dunha asistencia técnica que reforce de xeito puntual e transitorio ao equipo técnico para a xestión administrativa requirida polo Convenio asinado pola Consellería do Mar no que se refire á tramitación de solicitudes de axuda presentados ao abeiro da publicación da orde de axudas no mes de xaneiro de 2022.

Xúntase:

Para calquera información adicional, non dubiden en poñerse en contacto co GALP Ría de Pontevedra chamando ao 698 180 887 ou enviándonos un correo ao enderezo electrónico gacpontevedra@gmail.com

Comparte isto