Aberta a Convocatoria de Axudas a proxectos ao abeiro das EDLP dos GALP galegos!!
A Consellería do Mar ven de publicar hoxe a Orde do 14 de setembro de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das EDLP, aprobadas aos GALP no marco do FEMPA 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2023 (código de procedemento PE155A).
A data límite para a presentación de proxectos é o 26 de outubro de 2023.
No ámbito de actuación do GALP Ría de Pontevedra, os proxectos subvencionables deben ser coherentes coa nosa EDLP e enmarcarse nalgún dos seguintes obxectivos estratéxicos:
- Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministración dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaría do territorio.
- Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.
- Impulso e aproveitamento do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático.
- Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.
- Reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.
Sabes todo o que o GALP pode facer por ti? Para máis información contacto con nós no teléfono 886 213 015, ou a través do correo electrónico gacpontevedra@gmail.com.