Día de limpeza na praia da Pinela: escolares axudan á Confraría «San Telmo» de Pontevedra a ter limpos os areais

Este pasado luns día 23 de outubro tivo lugar a xornada de limpeza da praia de A Pinela en Poio por parte da confraría «San Telmo» de Pontevedra xunto cos escolares de Lourido, Viñas, Isidora Riestra, Chancelas e Espedregada.

A xornada de limpeza, que gozou dunha boa climatoloxía, comezou as 11 h cunha pequena charla por parte da Asistencia Técnica da confraría sobre o impacto que o lixo, especialmente o plástico, ten nos mares e no litoral mariño. Os nenos e nenas, unha vez recibidas as instruccións para a limpeza, comenzaron o traballo  moi concienciados sobre a saúde ambiental e a importancia da súa labor na praia de A Pinela.

En tandas

de hora e media, todos os nenos e nenas de 5º de primaria dos centros educativos de Lourido, Viñas, Isidora Riestra, Chancelas e Espedregada, xunto co persoal da confraría,  retiraron plásticos, botellas e demais lixo chegado á praia por acción das mareas ou directamente por comportamientos humanos incívicos.

Con esta iniciativa, enmarcada dentro do proxecto «Ranchera: mellora e protección ambiental dos areais de Poio», a confraría «San Telmo» de Pontevedra quere contribuir a fomentar a concienciación ambiental, sobretodo entre os máis cativos, e manter unha boa saúde ambiental dos areais para fomentar a continuidade do recurso marisqueiro.