A elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do GALP Ría de Pontevedra está na súa recta final. Presentámosvos os documentos de traballo resultantes do proceso participativo que o día 21 de setembro de 2022 se presentaron perante a Asemblea Xeral de asociados do GALP Ría de Pontevedra para a súa ratificación logo de seren aprobados pola Xunta Directiva o pasado día 14 de setembro.
Podes facer achegas e suxestións, envíandonos un correo a gacpontevedra@gmail.com indicando no asunto EDLP 2023-2027.
A Estratexia de Desenvolvemento local é a folla de ruta para a transición da contorna da Ría de Pontevedra e a súa área de influencia cara un aproveitamento sostible dos recursos do noso territorio no que se refire ás actividades marítimo – pesqueiras. Os concellos de Bueu, Marín, Pontevedra, Poio, Sanxenxo e Meaño xunto co sector Pesqueiro do territorio, o económico e a sociedade civil representada polas entidades que síntense vinculadas á cultura mariñeira da nosa ría, presentan as claves para avanzar no Desenvolvemento sostible da zona Costeira.