Entrega dos distintivos Pescadoartesanal.com, exemplo de fusión da tradición e innovación da tecnología

Posted by

O pasado luns 25 de setembro tivo lugar, na sede de AMECOMRA, o acto de entrega dos distintivos “pescadoartesanal.com” á hostalería. O acto, presidido polo presidente do GALP Ría de Pontevedra contou coa participación da conselleira Rosa Quintana, quen valorou moi positivamente o proxecto pescadoartesanal e o esforzo das confrarías e o GALP para introducir a innovación e a tecnoloxía no sector da pesca.

O acto comezou coa presentación do mesmo por parte de José Antonio Gómez Castro, presidente do GALP Ría de Pontevedra, a quen lle seguiu a intervención da conselleira Rosa Quintana a cal destacou a importancia da iniciativa pescadoartesanal, a implicación do sector hostaleiro e o papel que xogan os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro no desenvolvemento de proxectos nas zonas costeiras.

Nesta celebración de posta en valor do produto pesqueiro local, quíxose contar coa presenza da marca “PescadeRías, de onde se non?” cunha exposición da marca e os seus obxectivos realizada por Ramón Fernández, xefe de mercados da Consellería do Mar. Ademais aproveitar a ocasión para que todos os asistentes pudisen coñecer o proxecto “pescadoartesanal.com” e os seus beneficios para a hostalería grazas á distinción do produto, presentación da que se encargou a Asistencia Técnica do proxecto, Amaya Ordoñez. Por último, e antes de proceder á entrega de distintivos, fíxose unha pequena introdución do selo Km 0 MarGalaica ( proxecto de cooperación no cal participan todos os GALPs de Galicia) por parte de Manuela Oviedo, xerente do GALP Costa Sostible.

O seguinte vídeo resume a celebración do acto de entrega dos distintivos “pescadoartesanal.com”, un acto de promoción e dinamización do produto das lonxas da Ría de Pontevedra e os restaurantes que apoian a súa pesca costeira artesanal.

Comparte isto