GALP anima ós estudantes a ve-lo seu futuro no sector do mar

Nas derradeiras semanas o Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro Ría de Pontevedra puxo en marcha a iniciativa “Remuda xeracional, Cal é o teu oficio”, levándoa ós centros de ensinanza secundaria e profesional dos concellos da Ría de Pontevedra. O obxectivo é ampliar a visión que teñen os xoves sobre o sector do mar, dándolles a coñecer os cambios que se produciron nos últimos anos nos postos tradicionais, así como as novas actividades que foron xurdindo.

Non só se trata de ensinar as profesións e estudos vencellados á extracción dos recursos pesqueiros (mariñeiro/a, patrón/oa, mariscador/a, percebeiro/a…), senón tamén todos aqueles postos das empresas do sector marítimo-pesqueiro. Estamos a falar tamén cos mozos/as de graos en económicas para ser xerentes de empresas do sector, graos en bioloxía ou ciencias do mar para traballar en confrarías ou centros de investigación, etc.

Do venres 11 de outubro ata o xoves 7 de novembro, estaremos a desenvolver a primeira fase do proxecto consistente en obradoiros nos que co apoio dunha presentación tentamos trasladarlles esta realidade laboral do mar dun xeito lúdico ós alumnos. A partires do venres 8 de novembro e ata o día 19 de decembro programaranse visitas guiadas a empresas e entidades do sector para que os xoves podan coñecer de man dos traballadores os oficios e as súas experiencias.

 

Dende o GALP tentamos amosarlles que o mar como saída laboral non só é viable, senón que ademáis posúe un enorme potencial, aínda explotado só en parte. A innovación e o apoio institucional son as mellores ferramentas para permitirlles construir un proxecto persoal que lles permita non só abrirse un futuro, senón tamén desenvolver unha carreira no seu entorno máis próximo contribuindo ó desenvolvemento local. A remuda xeracional, máis que unha necesidade, é unha oportunidade de continuar coas actividades dinamizadoras do noso entorno e proxectalas máis aló.

A continuación detallamos a axenda do programa actual de “Remuda xeracional, Cal é o teu oficio”. Para máis información poden consultar a GUÍA DO PROXECTO.

 

OBRADOIROS
DATA CENTRO EDUCATIVO
11/10/19 IES de Poio
14/10/19 IES Illa de Tambo
IES Johan Carballeira
15/10/19 IES Illa de Tambo
17/10/19  IES Mestre Landín
18/10/19  IES de Sanxenxo
21/10/19  IES A Xunqueira I
IES A Xunqueira II
 22/10/19  IES A Xunqueira I
23/10/19  IES A Xunqueira II
24/10/19  IES Chan do Monte
IES Frei Martín Sarmiento
25/10/19  IES Chan do Monte
29/10/19  IES de Sanxenxo
04/11/19  IES Johan Carballeira
06/11/19  IES de Meaño
07/11/19  IES Mestre Landín
13/11/19 CPR Sagrado Corazón de Pontevedra
22/11/19

29/11/19

CPR Sagrado Corazón de Placeres

 

EXCURSIÓNS
DATA CENTRO EDUCATIVO
08/11/19 IES de Sanxenxo
14/11/19 IES de Meaño
20/11/19  IES John Carballeira
21/11/19  IES Chan do Monte
25/11/19  IES A Xunqueira I
04/12/2019 CPR Sagrado Corazón de Placeres
10/12/19 IES Frei Martín Sarmiento
19/12/19  IES Illa de Tambo