GALP Ría de Pontevedra presente no seminario europeo CLLD en Bruselas

Posted by

A presidenta do GALP RÍA DE PONTEVEDRA participa no seminario europeo que se celebra en Bruselas sobre Desarrollo liderado por las Comunidades locales (CLLD)

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Pontevedra esta presente en Bruselas no Seminario “Post-2020: Local action in a changing world” que se celebra o 4 e 5 de decembro, da man da súa presidenta, Dona María del Carmen Vázquez Nores, Patroa maior da Confraría de Lourizán.

Este seminario reune aos #GALP de toda Europa para falar da transición entre períodos de financiación comunitaria e dos novos regulamentos e mellora da aplicación das estratexias.

O seminario inclúe unha exposición de 40 proxectos apoiados por CLLD  (Desenvolvemento local liderado pola Comunidade local) dos diferentes Fondos, grupos de traballo temáticos e un panel de discusión entre beneficiarios locais e tomadores de decisións de alto nivel contribuirán á primeira visión de como CLLD está cambiando vidas en zonas urbans, rurais e zonas costeiras por igual.

Comparte isto