GALP Ría de Pontevedra súmase á iniciativa #EstoNOtienequePARAR

Posted by

Trátase do primeiro GALP galego en sumarse a esta iniciativa

Durante o estado de alarma, o GALP Ría de Pontevedra contribúe á posta en valor do sector pesqueiro, marisqueiro, turístico e da restauración a través dunha serie de reportaxes sobre a actualidade da cadea de valor do produto do mar, e das estratexias da restauración para manter activo o sector. Nesta liña, aproveita as redes sociais para animar ás persoas consumidoras a apostar polos mercados, lonxas, restaurantes e negocios locais, sabedores da importancia de dar soporte aos pequenos e medianos promotores.


Imaxe da web da campaña estonotienequeparar.com

No seu afán por recoñecer publicamente, poñer en valor e dar apoio ás empresas, PEMEs, emprendedores, profesionais autónomos, startups, e organizacións que seguen a traballar, innovando, reinventándose e transformándose; o GALP Ría de Pontevedra vén de sumarse á campaña #EStoNOtienequePARAR, unha iniciativa impulsada por máis de 2.000 empresas que, xunto a Mercadona, queren recoñecer o importante labor de todos aqueles colectivos que son agora máis necesarios que nunca. Trátase do primeiro GALP galego en sumarse a esta iniciativa á que xa se adheriron profesionais de tódolos sectores, medios de comunicación, entidades da sociedade civil e cidadáns.

Comparte isto