I Festa da empanada mariñeira de Portonovo

O pasado fin de semana celebrouse na lonxa de Portonovo a I Festa da empanada mariñeira, impulsada pola confraría de pescadores “San Roque” e o Club de piragüismo de Portonovo.

Esta festa, centrada na posta en valor de l a empanada mariñeira como símbolo de identidade galega, contou coa presenza do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Pontevedra (GALP – RP).

Durante todo o fin de semana os asistentes puidéronse informar na caseta do GALP – RP sobre o proxecto de comercialización conxunta das lonxas da Ría de Pontevedra “ pescadoartesanal. com”, e sobre as axudas a proxectos.

Ademais das celebracións propias dunha festa gastronómica ( showcookings, concursos de cociña, degustacións…) na tarde do domingo realizouse unha homenaxe a Jose Antonio Gómez Castro, patrón en funcións da confraría de pescadores “San Roque” de Portonovo e presidente do GALP – RP, que abandonará o cargo de patrón maior tras mais de vinte anos á fronte da devandita confraría.