Lanzamento do proxecto PescaConCiencia: Alianza por un futuro sostible

Arrinca o proxecto de PescaConCiencia: “Alianza por un futuro Sostible” no marco do Ano Internacional da Pesca e Acuicultura Artesanal 2022 que promove a FAO, contribuíndo a lograr unha alianza na que a sustentabilidade e o medio ambiente xoguen un papel fundamental.

O proxecto, financiado pola Unión Europea a través do FEMP 2014-2020 baixo estratexias de desenvolvemento local participativo a través da Consellería do Mar, ten por obxectivo xeral contribuír á adaptación do sector pesqueiro artesanal de Galicia para os efectos do cambio climático, a través da cooperación entre sector pesqueiro e academia, coa transferencia de coñecemento bidireccional para a identificación conxunta de medidas de adaptación e recomendación.

O proxecto de alcance rexional, vinculado aos Grupos de Acción Local no sector pesqueiro (GALP): GALP Costa Sostible, GALP Golfo Ártabro Sur, GALP Golfo Ártabro Norte, GALP Ría de Arousa, GALP Ría de Pontevedra e GALP Ría de Vigo – A Guarda, levará acabo as seguintes accións:

  • Diagnóstico participativo e caracterización do sector: vulnerabilidade do sector ao cambio
    climático
  • Organización dun Foro conxunto: alianza por un futuro sostible.

Como resultado do proxecto contarase cun Acordo de Colaboración o sector pesqueiro e a ciencia en materia de cambio climático e unha folla de roteiro para a súa respectiva implementación.