Medidas preventivas como consecuencia da evolución do Coronavirus COVID-19

Posted by

O Consello da Xunta de Galicia, reunido o 12 de marzo de 2020, acordou a adopción de medidas especiais en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus “COVID-19”, ao abeiro do disposto, entre outros, nos artigos 1 da Lei orgánica 3/1986, do 14 abril, de medidas especiais en materia de Saúde Pública e 34 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde pública que habilitan para adoptar as medidas preventivas pertinentes ante situacións de existencia ou sospeita razoable de existencia dun risco inminente e extraordinario para a saúde. O dito acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia nº49-Bis do mesmo 12 de marzo.

Por Resolución de 15 de marzo de 2020, da Secretaria Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, dáse publicidade ao Acordo do Centro de coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia,declarada polo Acordo do consello da Xunta de Galicia do día 13 de marzo de 2020, como consecuencia da evolución da epidemia de coronavirus COVID-19.

De conformidade coas medidas adoptadas polo Consello da Xunta de Galicia e, en relación coas competencias atribuídas a esta Dirección Xeral polo Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo
que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, modificado polo Decreto 39/2018, do 5 de abril:

1.- Con carácter xeral, recoméndase:

-. Aplicar as medidas preventivas adoptadas no Consello da Xunta de Galicia do 12 de marzo de 2020, así como as que se acorden, en relación con esta epidemia, adaptándoas a cada situación en concreto de xeito rigoroso e con responsabilidade individual.
-. Adoptar as medidas xerais necesarias para protexerse do coronavirus no desenvolvemento do traballo ordinario e, en reunións, asambleas, xuntanzas ou similares que se celebren en recintos pechados. Se as reunións e demais actos nos que se convoque a un grupo de persoas se celebran en recintos pechados con capacidade para máis de 50 persoas, limitarase a asistencia a un tercio da capacidade autorizada, intentando manter, en todo momento, unha distancia prudencial (1 metro, a título orientativo) de seguridade interpersoal.
-. Evitar as viaxes que non sexan necesarias e, en todo caso, pospoñer todas aquelas que impliquen viaxar a zonas de risco.

2.- Respecto ao traballo ordinario e ás actividades desenvolvidas polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP),

a) Recoméndase:
-. Limitar a atención directa aos promotores e beneficiarios das axudas ao abeiro das EDLP e público en xeral, procurando que esta atención se leve a cabo vía telefónica ou por correo electrónico.
-. Valorar a posibilidade de aprazamento, atendendo ás características e condicións de cada situación, das actividades de animación, promoción, formación ou similares, tales como encontros, xornadas, seminarios, congresos, así como xuntanzas que se vaian manter con colectivos, organizacións, grupos de persoas, ou eventos de calquera índole nos que se convoque a un grupo de persoas e, de non aprazarse, adoptar as medidas preventivas recollidas no apartado 1.
-. Nas reunións das Xuntas Directivas, Asambleas e demais órganos dos GALP seguir a recomendacións recollidas no apartado 1. De tratarse de reunións entre os GALP dos
distintos territorios procurar a súa celebración por medios telemáticos (videoconferencia ou similares) para reducir os desprazamentos.
-. Suspender as viaxes previstas e non programar outras relacionadas coas funcións e atribucións que teñen encomendadas no Convenio de colaboración asinado coa Consellería do Mar e/ou derivadas da aplicación das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo.
-. Informar aos promotores/beneficiarios das axudas ao abeiro das EDLP da necesidade de cumprir coas medidas preventivas adoptadas no Consello da Xunta de data 12 de marzo ou adaptalas o máis posible ás actividades que se desenvolvan en execución dos proxectos.
As alteracións que se poidan producir polo cumprimento das medidas recollidas neste comunicado, serán analizadas, caso por caso, por esta Dirección Xeral e, de non ser posible o cumprimento dos prazos legalmente establecidos, valorarase a súa posibilidade de prórroga, previa solicitude do obrigado ao seu cumprimento con anterioridade ao vencemento do prazo de que se trate. Cando a prórroga implique un reaxuste de anualidades, esta quedará condicionada á existencia de crédito dispoñible na convocatoria.

b) Lémbrase
Lembrase que os prazos para a tramitación dos procedementos administrativos están suspendidos e que se reanudarán no momento en que perda vixencia o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, ou as prórrogas do mesmo. En particular lembrase que se suspenden os prazos contemplados no procedemento de solicitudes de axudas ao abeiro da convocatoria 2020 da Orde do 21 de decembro de 2018 (DOG núm. 22, do 31 de xaneiro de 2019) establece as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, debéndose informar aos promotores das axudas nese sentido polos medios que os GALP consideren axeitados.

Comparte isto