Mercado mariñeiro de Bueu

Posted by

O pasado domingo 23 de setembro, a concellería de Promoción económica do  concello de Bueu coa colaboración de Fecimo, comerciantes locais, a Asociación de produtores mexilloeiros e a Asociación veciñal da Banda  do Río, celebrou un mercado mariñeiro no cal” estivo presenteo GALP Ría de Pontevedra.

Esta experiencia creada para promover a parte produtiva, cultural e de servizos vinculada ao mundo do mar, contou coa presenza do GALP Ría de Pontevedra o cal informou aos asistentes sobre o proxecto ” pescadoartesanal. com”, as axudas a proxectos e a importancia da pesca costeira artesanal.

Ademais, o mercado contou con actividades complementarias relacionadas co mundo do mar como charlas, catas, documentais e para os máis pequenos, contacontos.

Comparte isto