Modificación da proposta de resolución de axudas

En reunión da Xunta Directiva do GALP Ría de Pontevedra celebrada o día 22 de xuño de 2021, con quórum dabondo e, en segunda convocatoria, tratouse na orde do día a revisión da proposta definitiva de aprobación de proxectos presentados á primeira convocatoria de axudas da anualidade 2021 logo da súa devolución.

A xerente expón aos membros presentes da Xunta Directiva que se recibiu a devolución da proposta definitiva de concesión de axudas da primeira convocatoria de 2021. Logo de analizado o documento e revisados os aspectos sinalados no mesmo, a xerencia elaborou un que se somete á consideración da Xunta Directiva:

  • En relación aos proxectos presentados polo Concello de Pontevedra (GALP 6 – 182), (GALP 6 – 183), (GALP 6 – 185), (GALP 6 – 186), (GALP 6 – 187)
  • En relación ao proxecto presentado polo Concello de Sanxenxo (GALP 6 – 222)
  • En relación ao proxecto presentado polo Concello de Meaño (GALP 6 – 192)
  • En relación ao proxecto presentado polo Concello de Poio (GALP 6 – 213)
  • En relación ao proxecto presentado por Pescados Nieves S. L. (GALP 6 – 174)

Os detalles poden consultarse no documento de Certificación de Acordos.

CERTIFICACIÓN DE ACORDOS

Feitas as modificacións e achegas de documentación procedentes que se recollen neste acordo, procédese a modficar a proposta de resolución definitiva de aprobación de proxectos segundo se recolle no ANEXO 1 e a proposta de resolución definitiva de desestimación de axudas que se recolle no ANEXO 2.

A Xunta Directiva acorda publicar a presente proposta de resolución definitiva no taboleiro de anuncios do GALP e na web coa advertencia de que esta non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos.