Non haberá segunda fase da convocatoria 2018

Posted by

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro publicou no día de onte, 29 de agosto, a resolución sobre a segunda fase da convocatoria de axudas de 2018.

En dita resolución resolvese que non haberá unha nova fase de adxudicación de axudas para a convocatoria 2018 ao existir unha lista de agarda que esgotaría o crédito da anualidade 2018.

Os proxectos cun investimento material e con acta de non inicio incluídos na lista de agarda que non sexan finalmente subvencionados por falta de crédito, poderán terse en conta na convocatoria inmediatamente seguinte (1 de Marzo de 2019), se así o manifesta o promotor.

RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOVEMENTO PES QUEIRO SOBRE A REALIZACIÓN DA SEGUNDA FASE DA CONVOCATORIA 2018 DE ADXUDICACIÓN DE AXUDAS AO ABEIRO DAS EDLP APROBADAS AOS GALP

 

 

Comparte isto