A nova convocatoria de axudas estará aberta ata o 17 de setembro

Posted by

Este martes saíu publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Orde de 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobadas aos GALP para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020.

O prazo para presentar as solicitudes abrirá este mércores e pechará o vindeiro 17 de setembro.

Soamente se poderán aprobar proxectos naqueles GALPs que aínda teñan orzamento sen comprometer nalgúns dos seus obxectivos estratéxicos. As persoas interesadas, que deberán poñer en marcha a súa iniciativa nos concellos de Bueu, Marín, Pontevedra, Poio, Sanxenxo ou Meaño, poden contactar co grupo para solicitar máis información sobre esta convocatoria chamando aos teléfonos 886 213 015 / 698 180 887 ou enviando un correo electrónico a gacpontevedra@gmail.com.

Na primeira convocatoria de axudas deste 2021, o grupo recibiu 54 solicitudes, converténdose na convocatoria con máis peticións rexistradas por este GALP, un bo resultado froito traballo de asesoramento da entidade.

Comparte isto