O GALP Ría de Pontevedra asiste a Tallin, Estonia, para discutir novos retos para as comunidades pesqueiras

Posted by

A Unión Europea e a Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e Pesca da Comisión Europea (DG MARE) organiza esta semana en Tallin, Estonia, a conferencia “Máis aló de 2020: Apoio ás comunidades costeiras de Europa” na cal participa o GALP Ría de Pontevedra.

Con esta conferencia quérese examinar a forma na que o FEMP contribúe á aplicación da PPC (Política pesqueira común)  e da Política Mariña Integrada, ademais de representar unha boa oportunidade para discutir os retos actuais e futuros das comunidades pesqueiras.

O GALP Ría de Pontevedra, coa súa presenza na conferencia, contribuirá ao desenvolvemento de novos retos para o establecemento de novas iniciaticas nas comunidades costeiras.

Comparte isto