O GALP Ría de Pontevedra participa na Mesa Provincial de Turismo

Posted by

O GALP Ría de Pontevedra participou esta semana na reunión telemática da Mesa Provincial do Turismo de Pontevedra xunto a representantes do sector público e privado da provincia, entre eles e elas, a Presidenta da Deputación de Pontevedra, a Directora de Turismo da Xunta de Galicia, o alcalde de Baiona e representantes dos concellos de Cangas, Pontevedra e Sanxenxo, a presidenta da Mancomunidade do Salnés e Alcaldesa de Meis, representantes do GALP Ría de Vigo, representantes da Ruta do Viño, o presidente do Clúster de Turismo, o presidente de FEPROHOS, a presidenta de AVITURGA, o presidente de AGAVI, a directora do aeroporto de Vigo e os directores dos Centros Integrados de Formación Profesional Manuel AntonioCIFP e Carlos Oroza.

OS GALPs presentes comprometéronse a cooperar en cantas accións se leven a cabo para beneficiar tanto ao sector turístico como ao pesqueiro, aos que seguen a axudar mantendo –na medida das súas posibilidades- a súa actividade.

Actualmente, os GALPs colaboran na realización dunha campaña de apoio ao sector pesqueiro e de promoción do consumo de peixes e mariscos locais. No tocante ao sector turístico, resaltaron o papel que están a desempeñar na promoción de novos establecementos como os albergues turísticos que está a financiar o GALP Ría de Vigo no Camiño da Costa.

Así mesmo, aproveitaron a reunión para invitar a colaborar a tódalas entidades participantes na mesa no proxecto de promoción da actividade turística desde o sector pesqueiro que están a desenvolver os tres GALPs provinciais (Ría de Pontevedra, Ría de Vigo-A Guarda, Ría de Arousa) e que, na actual situación, están adaptando ás novas condicións xeradas polo Covid-19.

Comparte isto