O GALP Ría de Pontevedra promove a remuda xeneracional no sector pesqueiro

O Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro Ría de Pontevedra finaliza a segunda edición do seu proxecto “Remuda xeracional, Cal é o teu oficio” para informar e dar a coñecer á mocidade o sector marítimo – pesqueiro e as posibilidades laborais que ofrece o mundo do mar. Con esta iniciativa, levada a cabo grazas aos fondos de dinamización cos cales conta o grupo, o GALP Ría de Pontevedra quere promover o interese polo sector marítimo – pesqueiro dende unha perspectiva profesional e laboral que free a falta de remuda xeracional que o sector pesqueiro ven experimentando nos últimos anos.

O programa, presentado a todos os centros educativos públicos e concertados do territorio do GALP Ría de Pontevedra (Bueu, Poio, Marín, Meaño, Sanxenxo e Pontevedra), realizouse en dúas fases. A primeira consistiu nun obradoiro no centro de ensino a través do cal mostráronse aos/ás participantes os diferentes oficios vinculados co sector e as titulacións académicas necesarias para realizar ditas profesións. A segunda consistiu nunha excursión na cal visitáronse diferentes entidades do sector, en función do interese demostrado no obradoiro e no sector do mar como saída profesional, permitindo captar a realidade do sector marítimo – pesqueiro, e vivir de primeira man os oficios e experiencias dos traballadores do sector.

Dende o seu inicio o 11 de outubro no IES de Poio e ata o remate do proxecto o pasado 19 de decembro, o GALP Ría de Pontevedra realizou 24 obradoiros nos distintos centros públicos e concertados do seu territorio, informando a máis de 900 alumnos/as sobre as distintas titulacións e saídas profesionais que ofrece o mundo do mar. No mes de novembro co IES de Sanxenxo comezou a segunda fase do proxecto a cal rematou o xoves 19 co IES Illa de Tambo. Durante a segunda fase do proxecto o GALP Ría de Pontevedra ensinou aos/ás alumnos/as de 4º ESO e 1º Bacharelato dos centros de ensino do seu territorio como é o traballo nas distintas empresas do sector marítimo – pesqueiro: AMEGROVE, Estaleiros Polymade, Mariscos Malliño, lonxa de Portonovo, ASMECRUZ, lonxa de Bueu, Escola de F.P. Náutico – Pesqueira de Bueu , O Percebeiro, Punto de control das mariscadoras de Lourizán, INTECMAR, Rodman Polyships e Rosa de los Vientos, a quenes o GALP Ría de Pontevedra agradécelles a súa colaboración.

Dar a coñecer os traballos e as distintas saídas académicas vinculadas ao mar é unha boa maneira de que os/as mozos/as valoren e teñan en consideración o sector marítimo – pesqueiro e o emprendemento a través das axudas do GALP Ría de Pontevedra coma una opción de futuro e conseguir así a remuda xeracional tan necesaria neste sector.

OBRADOIROS
SES./DATAS ALUMNADO
1 sesión – 11 OUT 4ºESO – IES de Poio (Poio)
3 sesións – 14 e 15 OUT 4ºESO -IES Illa de Tambo (Marín)
2 sesións – 14 OUT e 4 NOV 3º e 4ºESO -IES Johan Carballeira (Bueu)
2 sesións – 17 OUT e 7 NOV 3º e 4ºESO – IES Mestre Landín (Marín)
2sesións – 18 e 29 OUT 3º e 4ºESO – IES de Sanxenxo (Sanxenxo)
2 sesións – 21 e 22 OUT 4ºESO e 1º Bacharelato – IES A Xunqueira I (Pontevedra)
 2 sesións – 21 e 23 NOV 4ºESO – IES A Xunqueira II (Pontevedra)
3 sesións – 24 e 25 OUT 4ºESO, 1ºBacharelato e FP Básica IES Chan do Monte (Marín)
1 sesión – 24 OUT  FP Superior IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra)
2 sesións – 6 NOV 3º e 4ºESO – IES de Meaño (Meaño)
2 sesións – 13 NOV 4ºESO -CPR Sagrado Corazón (Pontevedra)
2 sesións – 22 e 29 NOV 3º e 4ºESO – CPR Sagrado Corazón Placeres (Pontevedra)
VISITAS
DATAS ALUMNADO
19 DEC 4ºESO -IES Illa de Tambo (Marín)
20 NOV 3º e 4ºESO -IES Johan Carballeira (Bueu)
8 NOV 3º e 4ºESO – IES de Sanxenxo (Sanxenxo)
25 NOV 4ºESO e 1º Bacharelato – IES A Xunqueira I (Pontevedra)
21 NOV 4ºESO, 1ºBacharelato e FP Básica IES Chan do Monte (Marín)
10 DEC  FP Superior IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra)
14 NOV 3º e 4ºESO – IES de Meaño (Meaño)
4 DEC 3º e 4ºESO – CPR Sagrado Corazón Placeres (Pontevedra)