O proxecto “Mellora da gobernanza no entorno do Parque Nacional Illas Atlánticas” gaña o Premio Economía Azul

Posted by

O pasado venres día 27 tivo lugar, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, a primeira edición dos premios economía azul, cos cales a Consellería do Mar quería premiar e por en valor os proxectos presentados ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) na convocatoria de 2016.

Entre os finalistas aos premios o GALP Ría de Pontevedra contava con 3 proxectos en dous categorías:

  • “Apoio á pesca costeria artesanal”:

“Descarpesc, caracterización de descartes na pesca artesanal da flota de Bueu”

“Mellora da gobernanza da xestión pesqueira artesanal no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas”

  • “Creación de emprego”:

“Nova liña de fabricación para os produtos procedentes da pesca artesanal”

Finalmente, de entre os 3 candidatos do GALP Ría de Pontevedra, o proxecto “Mellora da gobernanza da xestión pesqueira artesanal no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas” gañou o premio na categoría de “apoio á pesca costeira artesanal”.

No resto das categorías os proxectos gañadores foron:

  • Creación de emprego: “Emprendemar” promovido pola Confraría e o Concello de Cambados
  • Diversificación: “Lonxanatur” promovido por a Confraría do Grove
  • Innovación local:Xestión das algas recollidas nas accións de limpeza e mantemento dos bancos marisqueiros” promovido pola Confraría e o Concello de Vilaboa

Para máis información sobre os premios “Economía Azul”, os candidatos e os gañadores, entrar na seguinte ligazón

 

 

 

 

 

Comparte isto