Os GALP repartirán ata 2021 máis de vinte millóns de euros en proxectos para dinamizar o litoral galego

Posted by

Ata o día 1 de marzo permanecerá aberto o prazo para acollerse ás novas axudas dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP), que disporán ata 2021 de máis de vinte dous millóns de euros para repartir en proxectos que dinamicen o litoral «e axuden a crear emprego e protexer o patrimonio cultural e medioambiental.

Estas axudas están cofinanciados co Fondo Europeo Marítimo e da Pesca. Os fondos repártense en tres anualidades segundo publicou onte o DOG:

Partida orzamentaria Ano 2019 Ano 2020 Ano 2021 Totais
15.03.723C.770.0 7.174.294,00 5.678.926,00 5.788.450,00 18.641.670,00
15.03.723C.780.0 830.182,00 310.552,00 2.856.541,00 3.997.275,00
Totais 8.004.476,00 5.989.478,00 8.644.991,00 22.638.945,00

Os interesados que teñan un proxecto que consideren poida encaixar nestas liñas de axudas teñen o prazo dun mes para presentar as súas propostas, xa que, como se din na Orde de axudas, coas solicitudes presentadas ata o 1 de marzo de cada ano, realizarase unha  primeira fase de adxudicación de axudas e, seguidamente, «dentro do límite de crédito dispoñible, coas solicitudes presentadas ata o 1 de setembro se realizará unha nova fase de adxudicación.

Onte foi publicada unha modificación da orde de axudas que regulaba estas convocatorias ata o de agora que pode ser consultada no DOG ou directamente na web do GALP Ría de Pontevedra galpriadepontevedra.org.

A orde que regula estas axudas contempla maiores facilidades para os promotores na presentación de solicitudes, medidas para fomentar a creación de máis emprego e o traspaso de orzamento sobrante dos grupos que teñen menos proxectos a outros para os que os fondos son insuficientes. Outra novidade é a ampliación do período de presentación das solicitudes de achegas, que estará aberto de xeito permanente ata o 1 de marzo de 2021.

Os fondos dispoñibles para a ría de Pontevedra

Deste importe global para Galicia, o GALP Ría de Pontevedra disporá de preto de dous millóns e medio de euros para os proxectos que se presenten nesta convocatoria. Os importes divídense entre os proxectos de empresa aos que se adicarán preto de dous millóns de euros en tres anualidades e os proxectos non produtivos aos que se destinará un importe de aproximado de 425.000 €.

 

Tipo de proxecto Ano 2019 Ano 2020 Ano 2021 Totais
Produtivo 763.344,88 604.237,73 615.891,08 1.983.473,69
Non produtivo 88.331,36 33.042,73 303.935,96 425.310,06
Totais 851.676,25 637.280,46 919.827,04 2.408.783,75

 

 

Comparte isto