Proxectos de cooperación

A cooperación ofrece un medio de inspirarse na experiencia doutros para valorizar mellor as oportunidades que posúe o territorio, de aí que o valor engadido da cooperación sexa moi importante para as zonas pesqueiras, xa que constitúe unha forma de ampliar as perspectivas locais co fin de mellorar as estratexias do lugar e traer novos coñecementos á zona de actuación. Polo que para fomentar a cooperación dos GALPs o 3 de agosto de 2016 publicáronse as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020, ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP).
A continuación descríbense brevemente os proxectos de cooperación dos cales forma parte o GALP Ría de Pontevedra:

CONVOCATORIA 2017

CANDIEIRA

A Consellería do Mar vén de resolver a concesión dunha axuda ao proxecto de cooperación interterritorial “Candieira – Rede de apoio e promoción das mulleres do mar en Galicia”. O proxecto, presentado conxuntamente polos Grupos de Acción Local Pesqueira Ría de Pontevedra, Golfo Ártabro Norte, Costa da Morte, Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia Costa Sostible, Ría de Arousa e Ría de Vigo – A Guarda, impulsará unha rede colaborativa para promover ás mulleres do mar no ámbito galego.

O Grupo presentou o pasado día 31 de xaneiro un proxecto á convocatoria de proxectos de cooperación para GALPs que xestiona a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar e acaba de recibir a concesión da axuda solicitada que acada o 100 % do orzamento do proxecto.

A través da promoción e da activación da autoorganización e o apoio ao emprendemento, este proxecto busca unha maior gobernanza e empoderamento das mulleres do sector pesqueiro. A promoción da igualdade de oportunidades é un dos eixos que vertebra o funcionamento dos Fondos Estruturais e de Investimento Europeos (FEIE). OS GALP son entidades colaboradoras na xestión do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca e contan cunha Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo artellada a través de obxectivos estratéxicos concretos en cada territorio.

Con este programa preténdese reforzar a gobernanza das mulleres do mar, a través dun conxunto de programas de formación e de acompañamento de proxectos emprendedores que buscan mellorar as capacidades das mulleres en diferentes ámbitos vitais e profesionais. Ademais, a constitución desta rede de traballo e colaboración para a promoción de iniciativas e actividades orientadas a visibilizar e reforzar o papel das mulleres nas comunidades costeiras quere ser un xeito de compartir recursos e optimizar custos á hora de poñer en marcha proxectos neste ámbito.

O proxecto contempla, entre outras accións divulgativas, a creación dun espazo web, que será unha das principais canles de difusión da actualidade do proxecto e das iniciativas que xurdan ao abeiro deste. Tamén se creará un catálogo de experiencias innovadoras e exitosas.

O proxecto consta de tres fases claramente diferenciadas: inicial, intermedia e final.

  • Fase inicial. Divulgación do proxecto
  • Fase intermedia. Innovación social para o emprendemento. Este é o corazón do proxecto no que se pretende abordar dúas actividades diferentes:
    • O laboratorio. Espazo ideado para o deseño de iniciativas innovadoras nos territorios.
    • Os programas de formación-acción: acompañamento de proxectos emprendedores e dinamización do asociacionismo de mulleres. Espazos ideados para reforzar e mellorar a capacitación das mulleres do sector no emprendemento e en diferentes ámbitos: o organizativo, o laboral e o persoal. Estas actividades implicarían un reforzo directo da gobernanza e o empoderamento das mulleres. Os programas concíbense como un espazo único e transversal no que traballar directamente os ámbitos do emprendemento e asociacionismo. Non se trata de entender como accións separadas, senón de carácter conxunto.
  • Fase final. Exposición de resultados do proxecto e constitución da Rede.

O proxecto ten unha duración prevista de un ano.

MAR DAS ILLAS ATLÁNTICAS

A Consellería do Mar vén de resolver a concesión dunha axuda ao proxecto de cooperación interterritorial “Mar das Illas Atlánticas: Rede de apoio e preparación dos profesionais da pesca ao turismo mariñeiro”. O proxecto, presentado conxuntamente polos Grupos de Acción Local Pesqueir

a Ría de Pontevedra, Ría de Arousa e Ría de Vigo – A Guarda, impulsará unha rede colaborativa para promover o turismo mariñeiro por parte dos profesionais do mar no ámbito galego.

O Grupo presentou o día 30 de xuño un proxecto á convocatoria de proxectos de cooperación para GALPs que xestiona a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar que recibiu a concesión da axuda solicitada do 100 % do orzamento do proxecto.

Tal e como promove o Crecemento azul , o turismo mariñeiro e un pilar fundamental no desenvolvemento do mesmo razón pola cal a diversificación da actividade pesqueira é un dos principais eixes que constitúen as Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) dos diferentes Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP), recollendo nelas medidas de actuación en referencia a diversificación turística do sector pesqueiro. Neste contexto, cando os membros do sector pesqueiro queren realizar actividades turísticas, en concreto turismo mariñeiro a bordo de embarcacións de pesca, atópanse perdidos sen saber a onde acudir, cales son os requisitos para levar a cabo este tipo de actividade, que implicacións administrativas teñen, etc. e ante esta falta de información, os GALP queren levar a cabo un proxecto que apoie e impulse ao sector pesqueiro a realizar actividades de turismo mariñeiro.

Cada vez son máis os turistas que visitan as Rías Baixas atraídos pola gastronomía, o patrimonio marítimo e a vida mariñeira demandando o desenvolvemento de actividades mariñeiras que lles permitan ver e vivir de cerca a actividade pesqueira das vilas costeiras. Neste sentido son cada vez máis as confrarías que, ante a demanda de turistas, realizan visitas guiadas polas lonxas e portos (tanto con adultos como con escolares) nas que transmiten a súa experiencia e paixón polo mar. Sen embargo existe unha importante demanda que non poden satisfacer, turismo mariñeiro a bordo de embarcacións pesqueiras, xa que se atopan cunha falta de lexislación e información dos trámites necesarios para desenvolver estas iniciativas.

Neste marco, os GALP das Rías Baixas (Arousa, Ría de Pontevedra e Vigo – A Guarda) queren por en marcha as bases para a realización deste tipo de turismo polo que plantea un proxecto no que interveñan todos os axentes implicados definido os trámites a seguir, unha rede de asistencia técnica e o traballo a realizar para a posta en marcha do turismo mariñeiro nas Rías e entorno ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

O proxecto contempla as seguintes actividades e obxectivos:

  1. Xornada técnica de estudo de alternativas de turismo mariñeiros nas Rías Baixas: Responde á necesidade de informar ao sector co obxectivo de amosar os diferentes aspectos vinculados ao desenvolvemento das actividades de turismo mariñeiro: administrativo, fiscal, laboral (Seguridade Social), turístico….
  2. Formación inicial dos profesionais do mar para a actividade de Guías do Parque Nacional: Con esta formación preténdese achegar ás persoas participantes á xestión da actividade no marco do turismo mariñeiro e da difusión do patrimonio marítimo pesqueiro da zona así como complementar o perfil profesional destes profesionais como guías do Parque para a divulgación do Parque Nacional, do patrimonio marítimo pesqueiro e da cultura mariñeira.
  3. Edición de guías/manuais: Ao fin de recoller as conclusións acadadas na xornada técnica e difundir entre o sector todos os aspectos vinculados ao desenvolvemento do turismo mariñeiro realizaranse dúas guías informativas, unha dedicada ao emprendemento e os aspectos técnicos, e outra sobre o valor turístico e medioambiental do Parque Nacional das Illas Atlánticas como punto de interese no turismo mariñeiro
  4. Rede de comunicación: Co fin de promocionar o proxecto e comunicar as diferentes actividades a desenvolver e os principais resultados acadados dentro do proxecto dinamizaranse os principais eventos e novidades do programa a través de RRSS e realizarase o deseño da imaxe corporativa do proxecto.

O proxecto ten unha duración prevista de un ano.

CONVOCATORIA 2018

MAR DE VELAS – Deseño de rede de mariñas e navegación tradicional

A Consellería do Mar vén de resolver a concesión dunha axuda ao proxecto de cooperación interterritorial “Mar de velas – Deseño de rede de mariñas e navegación tradicional”. O proxecto, presentado conxuntamente polos Grupos de Acción Local Pesqueira Ría de Pontevedra, Golfo Ártabro Sur, Costa da Morte, Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia Costa Sostible, e Ría de Arousa, impulsará unha rede colaborativa para promover as mariñas e a navegación tradicional.

O Grupo presentou o pasado día 31 de xaneiro un proxecto á convocatoria de proxectos de cooperación para GALPs que xestiona a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar e acaba de recibir a concesión da axuda solicitada que acada o 100 % do orzamento do proxecto.

Co desenvolvemento deste proxecto procurase a posta en valor da rede de patrimonio marítimo vencellado á navegación tradicional para promover o seu uso turístico e salvagardar a cultura mariñeira tradicional.

O proxecto contempla as seguintes actividades:

Actividade 1 – Deseño da rede de mariñas tradicionais: trátase de crear unha rede de mariñas tradicionais nos territorios dos Galp

Actividade 2 – Rede de navegación tradicional: trátase de crear unha rede de navegación tradicional nos territorios dos Galp

Actividade 3 – Xestión e coordinación: Constitución dun comité de seguimento con reunións periódicas para a avaliación e seguimento de cada actividade

Actividade 4 – Comunicación: dar a coñecer os resultados dos proxectos

O proxecto ten unha duración prevista de dous anos.

MORADA ATLÁNTICA + ESPAZO ATLÁTICO

A Consellería do Mar vén de resolver a concesión dunha axuda ao proxecto de cooperación interterritorial “Mar de velas – Deseño de rede de mariñas e navegación tradicional”. O proxecto, presentado conxuntamente polos Grupos de Acción Local Pesqueira Ría de Pontevedra, Golfo Ártabro Norte, Golfo Ártabro Sur, Costa da Morte e Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia Costa Sostible, Ría de Arousa, A Mariña Ortegal e Ría de Vigo – A Guarda, impulsará a construción dunha entidade atlántica que defina as condicións nas que se pode agrupar unha serie de produtos diferenciadores e propios destas rexións (gastronomía e cultura mariñeira) que se asocien cun territorio singular e común, a unha cultura produtora común e unhas condicións climáticas, tamén comúns.

O Grupo presentou o pasado día 31 de xaneiro un proxecto á convocatoria de proxectos de cooperación para GALPs que xestiona a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar e acaba de recibir a concesión da axuda solicitada que acada o 100 % do orzamento do proxecto.

O proxecto “Morada Atlántica +. Espazo Atlántico” ten como finalidade potenciar dunha forma innovadora rendible, sostible e diferenciada a competitividade turística dos territorios que compoñen o espazo atlántico a través da posta en valor de: a cultura e o patrimonio material e inmaterial mariñeiro, utilizando como fío condutor a gastronomía e a cultura mariñeira, baixo unha esfera experiencial, emocional e relacional, que converta a oferta turística das zonas costeiras do espazo atlántico nun mercado de emocións singular.

O proxecto ten unha duración prevista de dous anos.

MARGALAICA 2 – Posicionamento no mercado da Ruta do Faros de Galicia

A Consellería do Mar vén de resolver a concesión dunha axuda ao proxecto de cooperación interterritorial “Mar de velas – Deseño de rede de mariñas e navegación tradicional”. O proxecto, presentado conxuntamente polos Grupos de Acción Local Pesqueira Ría de Pontevedra, Golfo Ártabro Norte, Golfo Ártabro Sur, Costa da Morte e Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia Costa Sostible, Ría de Arousa, A Mariña Ortegal e Ría de Vigo – A Guarda, impulsará o posicionamento da “Ruta dos Faros de Galicia” como principal produto de turismo mariñeiro de España e como principal produto turístico da costa de Galicia presentando unha alternativa ao turismo vacacional de sol e praia.

O Grupo presentou o pasado día 31 de xaneiro un proxecto á convocatoria de proxectos de cooperación para GALPs que xestiona a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar e acaba de recibir a concesión da axuda solicitada que acada o 100 % do orzamento do proxecto.

Principais obxectivos do proxecto son:

1. Crear ferrmentas de xestión e comerciais para MarGalaica e a Ruta do Faros de Galicia que faciliten a súa comercialización e a consolidación de Galicia como destino de turismo mariñeiro.

2. Reforzar Margalaica e a Ruta dos Faros de Galicia como modelo de desenvolvemento que favorece a inclusión social, a igualdade e a xeración de emprego nas zonas costeiras.

3. Reforzar a Ruta dos Faros de Galicia como ferramenta de posta en valor do patrimonio mariñeiro de Galicia, e favorecer o uso alternativo destas edificacións.

4. Poñer en valor a pesca costeira artesanal co posicionamento no mercado turístico dos selos gastronómicos Km0 Margalaica e Pescadoartesanal.com

Para alcanzar estes obxectivos levaranse a cabo as seguintes actividades:

Actividade 1 – Creación de produtos comerciais: A Ruta dos Faros de Galicia é un produto de touring integrado por diversos recursos turísticos e más de 200 empresas e entidades asociadas. O obxectivo desta actividade é crear produtos asociados de carácter comercial. Isto é: acordar fórmulas comercializables con operadores que traballen en distintos nichos de mercado. Estes produtos irán ligados a formas de mobilidade, como poden ser: operadores de ferrocarril, clubes de ciclismo, clubes de caravaning, empresas de aluguer de vehículos, clubes de motociclismo e similares.

O traballo consiste en definir e negociar con estes operardores produtos de interese comercial que permitan implicalos na promoción e venda da Ruta dos Faros nos seus respectivos mercados.

Actividade 2 – Materiais e eventos promocionais: A Ruta dos Faros de Galicia é un produto integrado pro máis de 240 socios prestadores de servizos turísticos. Temos que dotar a todos eles dos materiais e coñecementos axeitados para que coñezan o produto e sexan o s principais divulgadores do mesmo. Para isto, elaboramos distintos materiais promocionais e organizamos fam trips internos: xornadas de traballo cos socios de cada zona costeira para que coñezan a Ruta e o seu funcionamento.

Actividade 3 – Integración en Artesanía de Galicia: É de interese para a Ruta dos Faros contar como socios con establecementos de artesanía que promovan as producións locais. Para isto, considérase de interese unha alianza con selo Artesanía de Galicia, de xeito que os seus socios poidan formar parte da Ruta dos Faros. Esta acción pretende definir a fórmula de integración destes establecementos e a súa colaboración con MarGalaica e a Ruta dos Faros de Galicia.

Actividade 4 – Comunicación:

-Difundir o produto Ruta dos Faros no mercado coa maior eficiencia na xestión de recursos.

-Difundir o produto e o proxecto de cooperación entre os socios e no contorno institucional de Galicia.

-Relación cos medios de comunicación.

-Comunicación on line: redes soiais e mellora de prestacións do web site.

-Catálogo de fotografía de vídeo.

O proxecto ten unha duración prevista de dous anos.

MAR DAS ILLAS: SOSTIBILIDADE E BOAS PRÁCTICAS NA PESCA – TURISMO

A Consellería do Mar vén de resolver a concesión dunha axuda ao proxecto de cooperación interterritorial “Mar das Illas Atlánticas: Rede de apoio e preparación dos profesionais da pesca ao turismo mariñeiro”. O proxecto, presentado conxuntamente polos Grupos de Acción Local Pesqueira Ría de Pontevedra, Ría de Arousa e Ría de Vigo – A Guarda, impulsará unha rede colaborativa para promover o turismo mariñeiro por parte dos profesionais do mar no ámbito galego.

O Grupo presentou o día 30 de xuño un proxecto á convocatoria de proxectos de cooperación para GALPs que xestiona a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar que recibiu a concesión da axuda solicitada do 100 % do orzamento do proxecto.

O principal obxectivo do proxecto é promover o desenvolvemento por parte do sector pesqueiro de actividades de diversificación que permitan visibilizar e garantir a sostibilidade das súas prácticas no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia a través da formación e da regulación de melloras da comercialización de produtos e servizos da pesca no PNMT das Illas Atlánticas de Galicia.

Para elo vanse levar a cabo as seguintes actividades:

1. Elaboración da regulación do turismo mariñeiro: Proposta de regulación sectorial a partir dunha mesa de traballo na que participarán membros do sector pesqueiro e na que procurarase a colaboración das administracións implicadas na mesma a partir a Rede de técnicos en turismo mariñeiro constituída na fase anterior do proxecto MAR DAS ILLAS.

2. Definición dun Código de Boas Prácticas para a pesca no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas segundo o PRUX:  Definirase un Código de Boas Prácticas para a pesca no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas que asegure unha pesca sostible e artesanal na zona de influencia do Parque Nacional, permita o desenvolvemento un distintivo de procedencia e determine o emprego de artes selectivas, non invasivas co medio ambiente que garantan a continuidade e a posta en valor dos recursos pesqueiros e marisqueiros.

3. Formación dos profesionais do mar: Desenvolvemento de dous cursos de formación, un inicial en turismo mariñeiro dirixido ao colectivo do sector marítimo pesqueiro do ámbito dos GALP das Rías Baixas e un segundo curso dedicado á pesca sostible. Con esta formación preténdese achegar ás persoas participantes á xestión da actividade no marco do turismo mariñeiro e da difusión do patrimonio marítimo pesqueiro da zona así como complementar o perfil profesional destes profesionais para a divulgación do patrimonio marítimo pesqueiro e da cultura mariñeira ademais de formar aos profesionais do mar en temática ambiental promovendo a pesca sostible e non invasiva co medioambiente garantindo a continuidade dos recursos pesqueiros.

Dentro do desenvolvemento do curso adicarase especial atención ao coñecemento do Parque Nacional das Illas Atlánticas tanto como fonte de recursos pesqueiros do ámbito de actuación do sector marítimo – pesqueiro como de espazo natural protexido e de enorme interese turístico.

4. Actividades de comunicación:

  • Xornadas de divulgación e comunicación con medios: Realizaríase unha promoción do proxecto a través da celebración de xornadas de divulgación e do proceso a través dos diferentes medios de comunicación, co obxectivo de visibilizar o proxecto a escala global e local.
  • Xestión de información en web e redes sociais. Crearíase un novo apartado na web do proxecto “Mar das Illas Atlánticas” (www.mardasillas.com) onde se informará sobre este novo proxecto e as súas diferentes actividades para chegar aos axentes implicados a nivel virtual e para compartir coñecemento. As webs dos GALPs e as redes sociais xogarán un importante papel na propagación das actividades do proxecto e na promoción do mesmo, reforzando a propagación dos contidos da web e aumentando a interacción.

3. Material divulgativo: Se procederá á elaboración e publicación do material divulgativo sobre o Código de Boas Prácticas para a súa difusión entre o sector pesqueiro artesanal.

O proxecto terá unha duración de 6 meses.