CONVOCATORIA 2016
Frigoríficos Rosa de los Vientos, S.L
Implementación e mellora das instalacións do seu centro de elaboración e comercialización de produtos do mar, co obxectivo de ofrecer un maior valor engadido aos produtos procedentes da pesca artesanal. Algúns dos seus obxectivos concretos son a creación dunha nova liña de produto para o polbo procedente das capturas locais, a certificación da actividade con diversos distintivos de garantía de calidade e a mellora das condicións de
traballo, seguridade e eficiencia.
Artesa Rías Baixas S. L.
Implantación dunha nova cámara de conxelación e ampliación da cámara de frío existente, co fin de aumentar a capacidade de conxelación e conservación dos produtos locais, e con iso as condicións de competitividade e calidade da empresa, expandindo e diversificando o seu mercado.
Mariscos Malliño – Sanxenxo
Modernización das instalacións cun novo equipamento que permite a mellora da xestión dos recursos e procesos da cadea de valor dos produtos do mar, en concreto da depuración de moluscos bibalvos. A introdución de novas tecnoloxías e a implantación dun sistema de xestión medioambiental achega competitividade ao sector industrial e permite a conservación e a explotación sostible dos recursos naturais.
O percebeiro, S.L.
Adquisición de nova maquinaria para a mellora da trazabilidade, operatividade e eficacia no proceso de elaboración, exportación e comercializaciónde produtos procedentes de pesca costeira artesanal (incluíndo a acuicultura e o marisqueo). Os produtos son adquiridos nos portos e lonxas das Rías Baixas e son exportados a todo o mundo.
CONVOCATORIA 2017
Implantación de servizos ao cidadán de lavado autoservizo
Promovido pola filla dun membro do sector pesqueiro, o proxecto promove a xeración de emprego e servizos á poboación, cunha demanda crecente na poboación da contorna urbana.
Mardesía: estancias de mar, arte e poesía
Mardesia Galicia S. L. é unha empresa de nova creación posta en marcha para lanzar un novo proxecto de aloxamento turístico que de acceso ao cliente a todos os aspectos culturais e tradicionais vinculados ao mar, que normalmente quedan sen visibilidade para o turismo convencional. Trátase dunha proposta turística innovadora que busca a desestacionalización do turismo, mergullando ao cliente na cultura mariñeira local.
O proxecto consiste na construción e acondicionamento de 9 apartamentos turísticos, nunha primeira fase, no concello de Poio, co nome comercial “O Casal da Martiña”. Posteriormente se espera realizar unha segunda fase engadindo 3 apartamentos turísticos adicionais e nunha terceira fase na que se espera incorporar a casa matriz que data de fai dos séculos, e na que se vai recuperar o patrimonio cultural.
Implantacións de melloras no sistemas de xestión e organización. Videmar
O alcance do proxecto de melloras de xestión e produción se centrará na implantación de módulos do software de xestión o que permitirá tanto a comerciais internos como externos procesar os seus pedidos de xeito telemático, proceso que actualmente non están a realizar. Isto ocasiona unha alta carga administrativa posto que en moitas ocasións transmiten estes pedidos de maneira telefónica.
Diversificación de actividade mediante o procesado dun novo produto do mar: cangrexo
O proxecto consiste na creación dun centro de procesado de produtos do mar (crustáceos, moluscos e peixes), facendo especial mención ao cangrexo real. Estes productos serán elaborados e ofertados ao consumidor en formas moi variadas e que serán atractivas ao paladar: Patés, croquetas, semiconserva, hamburguesas, lasaña, etc.
Construcción dun catamaran ecolóxico. Subdramar 2008, S.L.
O proxecto vai consistir na construción dunha embarcación ecolóxica que vai permitir satisfacer a gran maioría das necesidades dos clientes e ampliar a capacidade de negocio da empresa e a súa consolidación. A construción de esta embarcación vai supoñer poder acceder a realizar servizos que coa embarcación actual non podían realizar ademais os traballos realizados coa nova embarcación permitirán reducir o impacto ambiental contribuindo a loita contra o cambio climático.
Eficiencia enerxética e mellora da trazabilidade. O Percebeiro, S.L.
O Percebeiro, S.L. pretende mellorar a eficiencia enerxética de seu proceso produtivo e a trazabilidade dos seus produtos procedentes da pesca costeira artesanal, e que elabora no seu Centro, disminuindo a incidencia ambiental do seu proceso productivo.
A empresa promotora, ubicada no Porto de Marín, traballa principalmente percebe, pero tamén comercializa outros crustáceos como centola, nécora ou bogavante, e algún peixe de costa. Todos estes produtos se compran diariamente nas lonxas das Rías Baixas, donde un gran porcentaxe se compran nas lonxas de Bueu e Marín, que posteriormente se trasladan ó almacén, en Marín, para a súa clasificación, venta, envasado, etiquetado e distribución.
Mariscos Comesaña conta co selo de garantía PescadeRias, xestionado pola Xunta de Galicia, polo que a gran parte dos productos que comercializa contan con este selo que garantiza que os produtos son capturados mediante artes de pesca artesanais, que o seu orixe provén das rías de Galicia e que dende a súa captura non transcurriron máis de 24 horas.
Adquisición de grúa pórtico marina. Nauta Sanxenxo S.L.
O proxecto consiste na adquisición dunha grúa pórtico marina tipo travelift provista de pluma para desbolado, con capacidade efectiva de 65 Toneladas e una altura entre pastecas que permitirá o izado de embarcacións de quilla profunda para labores de mantenimiento, posta a punto ou retirada.
Reforma e mellora de instalacións e maquinaria. Nordés Velería S.L.
O proxecto consiste na mellora das instalacións así como a adquisición de novas máquinas máis eficientes para a fabricación de lonas de protección e calquera compoñente que se poida elaborar con produtos textis de alta tenacidade.
A empresa pretende ampliar e reforzar a súa garantía de calidade elaborando e certificando co selo PescadeRías unha nova especie de moluscos bivalvo. Ademáis quérese revalorizar un subproduto da súa actividade, as cabezas de polbo cocidas.
Aumentar a eficiencia de súa instalacións e promocionar os produtos do mar artesanais
Melloras para apoio e remolque, medioambientais e de promoción. Nauta Sanxenxo S.L.
O proxecto consiste na adquisición de equipamento para incidencias mariñas e recollida de refugallos de buques segundo a normativa MARPOL, no Porto Deportivo Juan Carlos I de Sanxenxo.
Escola de Buceo Wayuu. Buceo Wayuu S.L.
Creación dunha escola de buceo adaptado para persoas con discapacidade, coa pretensión de seren recoñecidos coma escola amigable co medio ambiente e que potencia a Ría de Pontevedra como lugar de turismo submariño.
CONVOCATORIA 2018
O proxecto consiste en establecer un novo proceso produtivo de transformación dos produtos do mar certificados: Mexillóns ecolóxicos e moluscos (berberecho, ameixa e navalla) pescadeRías.
O proxecto consiste na contrucción e por en marcha un centro loxístico innovador e accesible destinado “á distribución e exposición de embarcacións de pesca – turismo, así como un área de exhibición nas tradicións pesqueiras e promoción da cultura do mar” para escolares, cidadáns, turistas e colectivos diversos de cara a facer do parimonio culturar e natural un elemento de referencia no noso territorio.