Publicación do resultado da proba escrita de o proceso de selección de persoal administrativo

De acordo co establecido nas bases do proceso no apartado 8.2.1, o pasado mércores día 6 de setembro realizouse a proba escrita no Edificio de Operacións Portuarias do Porto de Marín.

Trala realización da proba escrita pasan a seguinte fase do proceso as 5 persoas candidatas que acadaron a maior puntuación.

Agradecemos a todos os candidatos o seu interese en formar parte do traballo que o GALP Ría de Pontevedra realiza no seu territorio.

Acta resolución da proba escrita do proceso de selección de persoal do GALP Ría de Pontevedra