Publicada a proposta de Resolución Provisional da Xunta Directiva para proxectos produtivos e non produtivos da Convocatoria 2019

A Xunta Directiva do GALP Ría de Pontevedra en reunión celebrada o 2 de abril de 2019 en Marín, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019”.

Nos seguintes enlaces  poden consultarse as resolucións provisionais:

Esta proposta de resolución provisional de Xunta Directiva para proxectos produtivos e non produtivos da Convocatoria 2019, tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina de dito GALP Ría de Pontevedra, non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto.

Tal e como se reflicte no artigo 24.3 da Orde de bases do 21 de decembro de 2018, da Consellería do Mar, outorgase un prazo de alegacións contra esta resolución de 5 días hábiles contados dende a data da súa publicación.