Rectificación de erros da proposta provisional de aprobación de proxectos

Posted by

A Xunta Directiva do GALP Ría de Pontevedra , á vista de informe da xerencia que advierte da comisión de erros na formulación dos Anexos á proposta, acordou a rectificación da proposta provisional de aprobación de proxectos que se xunta a continuación.

Darase traslado aos promotores dos proxectos afectados por estas rectificacións para a formulación das alegacións que consideren oportunas outorgándolles un prazo de 5 días hábiles contados dende a data da súa publicación.

Nos seguintes enlaces poden consultarse o Anexo I ao que afecta á rectificación da proposta de aprobación:

ANEXO I – RECTIFICACIÓN DE PROPOSTA DE RESOLUCIÓN PROVISIONAL

Esta proposta de resolución provisional de Xunta Directiva para proxectos produtivos e non produtivos da Convocatoria 1ª – 2020, non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto, estando suxeita á dispoñibilidade orzamentaria de crédito para proxectos produtivos e non produtivos para esta 1ª fase de adxudicación de axudas da convocatoria 2020.

Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP Ría de Pontevedra.

Tal e como se reflicte no artigo 24.3 da Orde de bases do 21 de decembro de 2018, da Consellería do Mar, outorgase un prazo de alegacións contra este acordo de 5 días hábiles contados dende a data da súa publicación.

Comparte isto