Remate do proxecto “Remuda Xeracional”

Posted by

O pasado venres finalizou a segunda fase do noso proxecto “Remuda Xeracional” a través do cal os/as participantes puideron ver de cerca o futuro laboral e formativo vinculado co mundo do mar.

Tras a presentación realizada nos centros sobre as posibilidades formativas e laborais que ofrece o mundo do mar,  os/as nenos/as de 4º E.S.O. dos IES de Poio, IES de Sanxenxo, IES Johan Carballeira, IES de Meaño, IES A Xunqueira I, IES Illa de Tambo, IES Mestre Landín e os/as alumnos/as de 1º de Bacharelato do IES Luis Seoane, realizaron diversas visitas a centros de estudo e lonxas.

No caso dos IES de Poio, IES Johan Carballeira e do IES Illa de Tambo, os/as nenos/as visitaron a lonxa e a Escola marítimo pesqueira de Bueu,  onde puideron ver a diversidade de empregos vinculados directamente co sector pesqueiro e a comercialización de peixe e/ou marisco (biólogos, lonxeiros, técnicos, mariñeiros, patróns, pescantinas, intermediarios e distribuidores…) e posibilidades de empregos vinculados ao sector naval e mariñeiro (patrón portuario, mariñeiro de máquinas, soldador, seguridade marítima…).

En canto ao IES de Sanxenxo e o IES de Meaño e o IES Luis Seoane, os/as nenos/as visitaron o IGAFA (Instituto Galego de Formación en Acuicultura) onde puideron ver as posibilidades formativas e laborais non vinculadas directamente co sector pesqueiro como son os distintos ciclos formativos sobre mergullo profesional ou os ciclos formativos sobre cultivos mariños.

No caso do IES Xunqueira I os/as nenos/as visitaron o Punto de Control das mariscadoras situado na Seca (Poio), a lonxa de Campelo e Pescamar vivindo de cerca as profesións vinculadas á extracción, venda e transformación dos bivalvos extraídos nas augas da Ría de Pontevedra.

Por último, o IES Mestre Landín visitaron a Escola marítimo pesqueira de Bueu e o Frigorífico Rosa de los Vientos puidendo aprender sobre as posibilidades formativas que brinda o mundo do mar así como ver de primeira man os distintos traballos que brindan as empresas de transformación e o Porto de Marín.

En total, durante esta semana de visitas, participaron 448 alumnos/as de 4º E.S.O.  e 1º de Bacharelato dos cales esperamos haber chamado a atención cara o mar e sexan quenes de dar relevo no sector pesqueiro.

 

Comparte isto