Resolución Definitiva de concesión de Axudas GALP Pontevedra – 1ª convocatoria 2020

Posted by

A Xunta Directiva do GALP Ría de Pontevedra, en reunión celebrada o 18 de xuño de 2020 en Bueu, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018″ pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019”. Esta resolución foi publicada na mesma data na web galp.xunta.gal e no taboleiro de anuncios do GALP Ría de Pontevedra.

Na data do 19 de xuño, advertidos erros na proposta provisional o GALP Ría de Pontevedra publicou unha rectificación da mesma nos mesmos lugares antes sinalados.

Transcorrido o prazo de cinco días hábiles para a presentación de alegacións, a Xunta Directiva do GALP Ría de Pontevedra en reunión mantida na data do 30 de xuño, eleva a público a proposta definitiva de aprobación de proxectos produtivos e non produtivos así coma os desestimados para a convocatoria MARZO – 2020.

Nos seguintes enlaces poden consultarse as resolucións definitivas:

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN DEFINITIVA

PROPOSTA DEFINITIVA DE PROXECTOS APROBADOS

PROPOSTA DEFINITIVA DE PROXECTOS DESESTIMADOS

Esta proposta de resolución definitiva da Xunta Directiva para proxectos produtivos e non produtivos da Convocatoria 1ª – 2020 non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto, estando suxeita á dispoñibilidade orzamentaria de crédito para proxectos produtivos e non produtivos para esta 1ª fase de adxudicación de axudas da convocatoria 2020.

Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP Ría de Pontevedra.

Comparte isto