Resolución Provisional de concesión de Axudas GALP Pontevedra – 1ª convocatoria 2020

Posted by

A Xunta Directiva do GALP Ría de Pontevedra seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta e no estipulado na “Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019”:

CERTIFICACIÓN DO ACORDO DA XUNTA DIRECTIVA

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE CONCESIÓN DE AXUDAS

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE DESESTIMACIÓN DE AXUDAS

AVALIACIÓN DE PROXECTOS PRODUTIVOS

AVALIACIÓN DE PROXECTOS NON PRODUTIVOS

Esta proposta da Xunta Directiva para os proxectos da Convocatoria de Marzo de 2020 é unha resolución provisional que non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto.

Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP Ría de Pontevedra.

Tal e como se reflicte no artigo 24.3 da Orde de bases do 21 de decembro de 2018, da Consellería do Mar, outórgase un prazo de alegacións contra esta resolución de 5 días hábiles contados desde a súa publicación. Unha vez contestadas as alegacións, se as houbera, o GALP Ría de Pontevedra, formulará a proposta de resolución definitiva que será publicada da mesma forma e nos mesmos lugares que a resolución provisional.

Comparte isto