Resolución Provisional de concesión de Axudas GALP Pontevedra

Posted by

A Xunta Directiva do GALP Ría de Pontevedra, en reunión celebrada o 3 de outubro de 2019 en Marín, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019”.

Resolución provisional da Xunta Directiva na Convocatoria 2019:

LISTADO PROXECTOS APROBADOS E DESESTIMADOS

AVALIACIÓN PROXECTOS PRODUCTIVOS

Esta proposta da Xunta Directiva para proxectos produtivos da Convocatoria de Setembro de 2019 é unha resolución provisional non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto.

Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP Ría de Pontevedra.

Tal e como se reflicte no artigo 24.3 da Orde de bases do 21 de decembro de 2018, da Consellería do Mar, outórgase un prazo de alegacións contra esta resolución de 5 días hábiles contados desde a súa publicación.

Comparte isto