Proposta de Resolución provisional Segunda Convocatoria 2020

Posted by

A Xunta Directiva do GALP Ría de Pontevedra en reunión celebrada o 6 de outubro de 2020 en Meaño, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019”

Nos seguintes enlaces poden consultarse as resolucións provisionais:
Certificado Xunta Directiva resolución provisional Segunda Convocatoria 2020
Anexo I. Proposta provisional Xunta Directiva aprobación proxectos non produtivos Convocatoria 2ª – 2020
Anexo II. Proposta provisional Xunta Directiva desestimación de proxectos Convocatoria 2º- 2020.
Anexo III. Avaliación proxectos non produtivos Convocatoria 2ª- 2020.

Esta proposta de resolución provisional de Xunta Directiva para proxectos non produtivos da Convocatoria 2ª – 2020, non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto, estando suxeita á dispoñibilidade orzamentaria de crédito para proxectos produtivos e non produtivos para esta 2ª fase de adxudicación de axudas da convocatoria 2020.
Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP Ría de Pontevedra.
Tal e como se reflicte no artigo 24.3 da Orde de bases do 21 de decembro de 2018, da Consellería do Mar, outorgase un prazo de alegacións contra este acordo de 5 días hábiles contados dende a data da súa publicación.

Comparte isto