Seixo acolle en decembro a XV Semana do Mar

A Casa da Cultura de Seixo, situada na rúa Ángel Araujo Escribano, acollerá a nova edición da Semana do Mar. Dita semana, que discurrirá do luns 2 de decembro ó domingo 8 centrarase en especial no mundo dos cetáceos.

Con esta xa van quince edicións desta cita imprescindible, organizada pola Asociación de Pescadores de Aguete «Chirleu» e o Grupo Cultural Ronsel (Seixo-Marín), coa colaboración nesta ocasión do Concello de Marín, o Cine Seixo e a CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños).

A organización xa avanzou a programación da que poderán disfrutar os asistentes ó abeiro das xornadas da XV Semana do Mar:

PROGRAMA DE ACTIVIDADES 
LUNS 2 20:00 hrs  Exposición Golfiños na proa CEMMA
MARTES 3 20:00 hrs Conferencia Tartarugas e mamíferos mariños de Galicia D. Alfredo López Fernández
MÉRCORES 4 20:00 hrs   Documental Proxección: A caza da balea en Galicia (2014)  CEMMA
XOVES 5 20:00 hrs  Conferencia   Metodoloxía de estudo dos cetáceos D. Pablo Covelo Figueiredo 
VENRES 6 09:00 hrs   Excursión Museo do Mar de Caión en A Laracha, Coruña. Saída da Casa da Cultura de Seixo
SÁBADO 7 18:00 hrs   Documental Proxección: Os últimos baleeiros (2005)   Léttera Visión
DOMINGO 8 11:00 hrs
 Saída a Vela Embarcación tradicional  Saída dende o Porto de Aguete  
DOMINGO 8
16:30 hrs
 Film Clausura Proxección: Liberad a Willy (1993)