Semana dos Océanos: breve entrevista con Jesús Rey, presidente de AJE Pontevedra

Posted by

– Cal é o teu primeiro recordo do mar?
Eu son de interior, de Caldas de Reis, así que o meu primeiro recordo é o da praia no verán cando era pequeno, gozando dela e do mar.

– Que papel xoga na túa vida?
A Asociación Jóvenes Empresarios ten moita relación co porto de Marín e o de Vilagarcía polas diferentes actividades que desenvolvemos. Por iso, estou en contacto con moitas empresas que viven do mar directa ou indirectamente e creo que cada vez estarei máis vinculado a actividades relacionadas con el. O mar é un motor moi importante para a nosa economía, tanto a nivel loxístico, alimentario como turístico e debemos valoralo e coidalo.

– Como podemos mellorar a saúde dos noso mares?
En primeiro lugar, os cidadáns de a pé debemos ser conscientes do importante que é o mar para nós, polo que xa comentei, e iso faranos ser moito máis respectuosos. As nosas rías e todo o que temos nesas zonas son unha gozada e se non coidamos dese valor engadido, que marca a diferenza a nivel turístico, económico, perderémolo. Tamén unha regulación máis clara e precisa axudará a protexelo. Temos que recuperar o máximo respecto que os nosos antepasados sentían polo mar.

Comparte isto