Semana dos Océanos: breve entrevista con María del Carmen Vázquez, patrona maior de Lourizán e presidenta do GALP Ría de Pontevedra

Posted by

– Cal é o teu primeiro recordo do mar?
O meu primeiro recordo do mar téñoo desde que era moi nena por vinculación familiar e porque vivo cerca del, véxoo desde a miña casa. Así que máis que unha lembranza, o que teño é unha vivencia do mar durante toda a miña vida.

– Que papel xoga na túa vida?
Un principal porque vivo del, é o meu traballo; por así dicilo, éo todo. Creo que non sería capaz de vivir nunha zona do interior porque se me falta o mar parece que me falta algo. Para min é moi importante, tanto polas sensacións que me dá ao miralo como por todo o que hai dentro del.

– Como podemos mellorar a saúde dos noso mares?
Todo o que tiremos vai parar a el; por iso, para manter o mar cunha boa saúde, nunha boa situación, é fundamental que o valoremos e nos concienciemos todos. Desde a xente que estamos cada día no mar como as propias administracións, que tamén están compostas por persoas. Os estragos que estamos facendo a nivel medioambiental de forma inconsciente, ou consciente, teñen moito que ver cos cambios que vivimos no clima. Está nas nosas mans protexer o mar, é un ben necesario para todos, para o traballo e para o goce.

Comparte isto