Semana dos Océanos: breve entrevista con Pilar Otero, responsable de administración, RR.PP. e comunicación de Rosa de los Vientos

Posted by

– Cal é o teu primeiro recordo do mar?
O que máis recordo son os días nos que ía andando con meu avó, collida da súa man, ata o peirao para recoller a meu pai que viña do mar. Miña nai andaba cunha furgoneta vendendo peixe e miña avoa era redeira, así que a praia, o peirao do Curro, a lonxa, o barco de meu pai, forman parte da miña vida, crieime ao lado do mar.

– Que papel xoga na túa vida?
É a miña orixe, pois xa son tataraneta de mariñeiros e no meu traballo sigo relacionado con el. Por iso, para min, o mar éo todo.

– ¿Como podemos mellorar a saúde dos noso mares?
Respectándoo, nin máis nin menos; non nos damos de conta que vivimos a conta del. O mar é como un matrimonio, se o respectas vaiche dar satisfacción e senón, chegará un momento no que non che aporte nada. Agora a xente xa está volvendo ir á praia e deixa todo tirado, vense máscaras… É horrible. Trátase logo de non botar lixo pero tamén de non traer peixes de talles pequenos, cumprir coa veda ou non coller as ameixas que sabes que é do que a xente vive, en definitiva, de respectar e diso aínda nos falta moito.

Comparte isto