Semana dos Océanos: breve entrevista con Silvia Carballo, vicepresidenta do GALP Ría de Pontevedra

Posted by

– Cal é o teu primeiro recordo do mar?
Tiven a sorte de nacer en Bueu, co cal o meu primeiro recordo remóntase á infancia, a cando tiña uns dous anos. Miña nai traballaba na conserveira de Massó e lembro o cheiro a mar que traía na roupa que, por moito que a lavases, sempre quedaba nela.

– Que papel xoga na túa vida?
Penso que a xente que somos dunha vila con mar non podemos vivir sen el. Eu vivín en Compostela cando estudei e encantábame estar alí, pero ao final botábao de menos. Cando volvía de camiño no tren recordo chegar á altura de Catoira e sentir que xa respiraba mellor. O mar é parte da nosa identidade.

– Como podemos mellorar a saúde dos noso mares?
Temos que empezar por mellorar a saúde da terra, deixando de contaminar e de tirar lixo para que non remate nos mares. Debemos modificar os nosos hábitos e creo que os cambios nos plásticos xa van axudar bastante.

Comparte isto