Semana dos Océanos: breve entrevista con Xaquín Fabeiro, presidente do Club Mariño A Reiboa

Posted by

– Cal é o teu primeiro recordo do mar?
Eu nacín en Santiago, pero mirando para o mar porque aos tres días de nacer xa fun para Lariño. Para saber se facía bo tempo escoitaba a bucina do Faro de Fisterra e ao redor da escola víase o mar, co cal non teño un primeiro recordo del, o mar sempre estivo aí.

– Que papel xoga na túa vida?
A día de hoxe para min o mar é unha válvula de escape, non ten que ver co meu traballo nin coa miña vida profesional, é a onde vou escapar de todo.

– Como podemos mellorar a saúde dos noso mares?
Deixándoos tranquilos e iso significa non botarlles nada, non sacar máis que o necesario deles, utilizar sistemas de pesca e de navegación respectuosos co medio e, a partir de aí, o noso mar será mellor. Espero que esteamos a tempo de deixar o mar tranquilo e de que mellore con iso.

Comparte isto