Semana dos Océanos: breve entrevista con Carlos Viéitez, alcalde de Meaño

Posted by

– Cal é o teu primeiro recordo do mar?
De neno, na Praia da Lanzada e a Praia de Castrelo.

– Que papel xoga na túa vida?
Penso que é un ben que debemos conservar e do cal debemos quitar un beneficio de xeito sostible.

– Como podemos mellorar a saúde dos noso mares?
Habería que facer un chamamento a nivel individual e colectivo para recordar que o ciclo da auga é todo un conxunto, desde a evaporación que se produce nos océanos ata a precipitación nos ríos, e que, polo tanto, ensuciemos onde ensuciemos vai repercutir no mar. Creo que se trata dunha das zonas máis descoñecidas da terra e que ten moito potencial, ademais de para a alimentación, o deporte e o ocio, a nivel de farmacia e medicina, xa que del pódense quitar múltiples produtos para estes fins.

Comparte isto