Viaxe de estudo do GALP Ría de Pontevedra

Tras a clausura do V Congreso da Rede Española de Mulleres no Sector Pesqueiro, unha delegación do GALP Ría de Pontevedra, formada por representantes de 5 confrarías da Ría, realizaron unha visita de estudo pola costa de Gandía e Murcia entre os días 22 e 24 na cal visitaron distintos proxectos e iniciativas desenvolvidas polo sector pesqueiro.

A viaxe de estudo comezou acompañados polo GALP Gandía – Albufera coa visita á Reserva Marina de Abufera. En dita reserva a captura de especies pesqueiras é permitida, pero tan só a aquelas embarcacións que empregan artes de pesca tradicionais. A pesca artesanal tradicional na reserva mariña non ten limitación dado que empregan artes non invasivas co medio ambiente que están declaradas como Ben de Interesé Cultural (BIC). Esta iniciativa resultou moi interesante para as confrarías da Ría de Pontevedra xa que no seu territorio se atopa o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

A seguinte xornada, aínda acompañados polo GALP Gandía – Albufera, consistiu na visita ás  instalacións do GALP e á lonxa na cal estan a desenvolver un proxecto de turismo mariñeiro que consiste na adaptación da lonxa ao turismo. Ademáis para completar o proxecto de turismo mariñeiro, a confraría vai por en marcha un restaurante para a posta en valor da gastronomía e dos produtos pesqueiros locais.

Tras a despedida do GALP Gandía – Albufera, a delegación do GALP Ría de Pontevedra partiu hacia Murcia onde o Grupo de Acción Local de Pesca y Acuicultura de la Región de Murcia (GALPEMUR) os levou a ver proxectos desenvolvidos no seu territorio. Na lonxa de Lo Pagán, teñen en marcha un proxecto de estabulación da anguila, o cal lles permite acumular a anguila capturada polas embarcacións durante toda a semana para así celebrar a poxa os venres. Ademáis no porto teñen un proxecto de turismo mariñeiro promovido por o patrón dunha embarcación e un biólogo, para realizar visitas guiadas polo Mar Menor poñendo en valor as artes de pesca empregadas e o produto pesqueiro.

Tras a visita a Lo Pagán a delegación se trasladou ata Cabo de Palos para visitar a Reserva Mariña, na cal tamén está autorizada a pesca, pero tan so por 11 embarcacións tradicionais. Para rematar a viaxe, a delegación do GALP dirixiuse a San Pedro del Pinatar onde puideron visitar a lonxa, na cal se ten un proxecto turístico en marcha que consiste no desenvolvemento dun aula de interpretación para poñer en valor o patrimonio marítimo-pesqueiro de Murcia.

Durante toda a viaxe de estudo a delegación estivo acompañada pola delegación do GALP Costa da Morte os cales tamén se levan unha boa sensación da viaxe e moitas ideas e iniciativas que poden por en marcha no seu territorio.

Os deixamos co víde que realizamos sobre a viaxe, os proxectos visitados e as sensacións da delegación do GALP Ría de Pontevedra.