Curso de socorrismo en espazos acuáticos naturais

Este curso está financiado pola Consellería do Mar ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo aprobada ao GALP 6- Ría de Pontevedra. As preinscricións poden realizarse no Departamento de Promoción Econoómica ou no Rexistro Xeral.

O Concello de Bueu realizará un curso de socorrismo en espazos acuáticos naturais de 420 h. de duración.

Requisitos:
1. Formación: Cumprir algún dos requisitos seguintes:
Estar en posesión do título de Graduado en ESO.
Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 2.
Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional.
Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
Ter superada a proba de acceso á universidade para mariores de 25 anos e/ou de 45 anos.
Ter as competencias clave necesarias, de acordo co recollido no anexo IV do RD 34/2008, do 18 de xaneiro, para cursar con aproveitamento a formación correspondente ao certificado de profesionalidade.
2. Condicións físicas:
Carencia de afeccións, integridade física, resistencia física, forza, destreza manual, coordinación visomotriz, rapidez de reflexos.
3. Méritos de acceso preferente:
Terán preferencia no acceso ao curso os seguintes colectivos:
Socorristas inscritos no Rexistro galego de socorristas que conten con experiencia profesional e non estean en posesión do mesmo certificado de profesionalidade.
Persoas das seguintes titulacións: técnico superior en actividades físico – deportivas, grao en ciencias da actividade física e do deporte, grao en educación primaria (mención educación física).As persoas interesadas en participar poderán realizar a súa preinscrición no Departamento de Promoción do Emprego na rúa Pazos Fontenla, 29, 2º ou directamente presentando a solicitude de preinscrición no Rexistro xeral do Concello.
Máis información e solicitude de preinscrición AQUÍ