SEMINARIO: O POTENCIAL TURÍSTICO DAS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA

Xoves 29 de Xuño de 2017

Combarro, XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais.  Escola do Campo. Rúa do Campo s/n.

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da  Ría de Pontevedra en colaboración co Concello de Poio, promove un seminario no marco do XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que abordará a temática do uso turístico das embarcacións tradicionais, as súas problemáticas e os avances que se teñen dado na accesibilidade do público xeral a este bens do patrimonio cultural de Galicia.

O seminario contará coa participación dos responsables das embarcacións tradicionais de Galicia que nos últimos anos teñen destacado mais na explotación turística:

-Isidro Mariño, Patrón do Chasula.

-Juan López, presidente da asociación Balandro Joaquín Vieta.

-Isabel Merchán, responsable de explotación do Balandro Joaquín Vieta.

Amais o seminario contará coa participación dun comercializador, Pablo Mariño, director da axencia especializada en turismo mariñeiro Bluscus, para analizar as problemáticas da comercialización da oferta das embarcacións tradicionais.

Para rematar o seminario, os asistentes participarán nunha experiencia práctica de navegación nunha embarcación tradicional, o Balandro Joaquín Vieta, no que disfrutarán dun servizo turístico completo coa degustación de produtos do mar da ría de Pontevedra.

A inscrición no seminario pode facerse a través do e-mail info@rutadosfaros.gal

Este seminario inscríbese nunha serie de eventos técnicos que os GALP de Galicia e a súa marca turística MarGalacia están a desenvolver na costa de Galicia para promover o seu proxecto turístico estrela  para os vindeiros anos: a Ruta dos Faros de Galicia, que verá  a luz proximamente e consistirá nun circuíto que, entre Ribadeo e A Guarda discorrerá por todos os faros, portos, lonxas, actividades de turismo mariñeiro, hoteis con encanto e, por suposto, os mellores restaurantes para degustar os peixes e mariscos da nosa costa.